xoves, 26 de xaneiro de 2017

As batallas do Desastre

As batallas do desastre do 98, tema da clase de hoxe aquí volo deixo.


Estando soa no conflito e fracasando todas os intentos para evitalo, e sabendo tamén que a derrota era inevitable, España preferiu ir á guerra e perder as illas con honra que ignominiosamente.
O resultado foi un descalabro militar sen precedentes no que ademais se sacrificou dunha maneira totalmente absurda o poder naval español, xa que a frota do Atlántico e do Pacífico foron aniquiladas.
En Filipinas unha escuadra norteamericana, ao mando do Comodoro Dewey, enviada ao Pacífico meses antes da declaración de guerra, atacou a flota española atracada na baía de Subic (Manila) o día 1 de maio. Todos os buques españois foron afundidos a cambio de escasos danos nos buques americanos.
En Cuba, a situación foi máis dramática. Dende maio a escuadra española estaba atracada no porto de Santiago para defender a illa, pero dadas as condicións deste porto, foi facilmente bloqueada por buques americanos, ao mando do Almirante William T. Sampson, apostados na canle de entrada.
En xullo, o almirante Cervera recibe a orde de romper o bloqueo e saír do porto ante o perigo de ser capturado polas forzas terrestres americanas.
O día 3, sabedor de que non o ía lograr, pero asumindo as ordes recibidas, Cervera marchou ao suicidio124. Todos os buques españois foron destruídos, un a un, mentres ían saíndo do porto. Curiosamente a forza de invasión americana foi derrotada, pero a destrución da flota de Cervera decidiu a Guerra.
A título de curiosidade, mencionaremos o rexemento de Baler, que estando sitiado e incomunicado seguiría defendendo o pavillón español ata finais de 1899, sendo coñecidos como “os últimos de Filipinas”.

Resultado de imagen de desastre del 98

Ningún comentario:

Publicar un comentario