Estamos viendo en historia la dictadura de Primo de Ribera
Aqui os dejo un adelanto:
Tras o golpe de Primo de Rivera, o goberno, débil polas divisións internas, tentou que o Rei destituíse aos militares sublevados e convocase Cortes. O silencio e a falta de apoio do monarca fixo que o goberno dimitise en pleno. O día 14 Alfonso XIII chamou a Miguel Primo de Rivera para que asumise o poder, respaldando o golpe de Estado.
O novo goberno, presidido por Primo de Rivera, suspendeu a vixencia da Constitución de 1876 e puxo fin á monarquía constitucional e liberal como forma de goberno. A Coroa uniu os seus destinos aos da ditadura, mentres que o pobo, agás unha minoría, aceptou con expectación, entusiasmo ou indiferenza a nova situación.
A personalidade de Primo de Rivera condicionou moito o carácter que tivo o seu goberno. Era un home espontáneo, intuitivo, irritable ante os obstáculos, imaxinativo, patriota e dado a opinións simplistas, pero era de comprensión e decisión rápidas, sendo para moitos o mellor que tivo a dictadura.
En xeral pódese dicir que Primo de Rivera tiña moi boas intencións pero carecía de formación intelectual e política. Careceu dun programa político definido, pero estaba fortemente imbuído pola xerarquía militar e polos principios de eficacia, orde e autoridade sendo o seu lema preferido: Patria, Relixión e Monarquía. As súas ideas proviñan directamente do catolicismo social, do rexeneracionismo e do maurismo, así como tamén pequenas influencias do fascismo italiano de Mussolini. El estaba convencido de ser o cirurxián de ferro que demandara Costa e as súas actuacións sempre ían encamiñadas a rexenerar España.
Tamén hai que sinalar que, pese a tratarse dun réxime ditatorial, os apoios cos que contou fixeron posible que a súa implantación non fose seguida de fortes represións, estando marcado por un forte populismo e paternalismo, sendo en palabras de Primo de Rivera, un réxime temporal132 buscando sempre o contacto directo coa xente e mellorando a cultura e a vida do pobo, explicando antes grandes multitudes todas as súas actuacións.

Ningún comentario:
Publicar un comentario