A II República para Galicia
No momento de proclamarse a II República, a defensa do galeguismo e da autonomía de Galicia estaba asumida por distintas entidades culturais e polos republicanos. En 1929 foi fundada a ORGA por Santiago Casares Quiroga, partido que incluía a moitos galeguistas procedentes das Irmandades da Fala.
En 1930, e por iniciativa da ORGA, celebrouse unha reunión en Lestrove, preto de Padrón, na que participaron republicanos de todas as tendencias e chegouse ao acordo, coñecido como Pacto de Lestrove, de loitar conxuntamente pola implantación dun Réxime Republicano en España e pola Autonomía de Galicia, así como constituír a Federación Republicana Gallega, FRG, e enviar a Santiago Casares Quiroga á reunión que se ía celebrar en San Sebastián.
Una vez proclamada a República, nos meses de maio e xuño de 1931 diferentes institucións e grupos149 elaboraron distintos proxectos para a creación dun Estatuto, inspirándose no republicanismo federal e considerando a Galicia como un Estado Autónomo dentro da República Federal Española, pero estes proxectos resultaron incompatibles coa Constitución.
A finais de 1931, a confluencia de distintas personalidades e de grupos galeguistas fixo posible a creación en Pontevedra do Partido Galeguista, que tivo como obxectivo básico a conquista da Autonomía para Galicia, así como os seus intereses económicos, sociais e culturais.
En 1932, e por iniciativa do Concello de Santiago e do seu alcalde, López Pol, iníciase a elaboración dun novo proxecto de Estatuto para Galicia compatible coa Constitución, que foi aprobado por unha Asemblea de Concellos celebrada en Santiago.
O triunfo das dereitas en 1933 paralizou o proxecto, que sería retomado logo da vitoria da Fronte Popular. O 28 de xuño de 1936 o pobo galego, tras unha intensa campaña, aprobou masivamente o Estatuto nun referendo no que participou un 75% do electorado cun 99% de votos afirmativos.
O 15 de xullo o texto foi presentado ás Cortes para a súa discusión e aprobación, pero tres días despois e coa ocupación co alzamento nacional o debate quedou aprazado. En 1938 e coas Cortes instaladas en Cataluña nun xesto simbólico as Cortes admitiron a trámite parlamentario o Estatuto de Galicia o 1 de febreiro, pero non foi discutido nin aprobado.

Ningún comentario:
Publicar un comentario