A consolidación da democracia
Adolfo Suárez logrou unha esperada vitoria nas eleccións a Cortes de 1977, as primeiras da actual democracia. No seu equipo de goberno estaban persoas de enorme valía, entre os que debemos destacar a Manuel Gutiérrez Mellado e a Enrique Fuentes Quintana.
Manuel Gutiérrez Mellado foi o único militar presente no goberno e que desempeñou os cargos de vicepresidente e o recén creado Ministerio de Defensa. Desde estes cargos reformou o exército e a lexislación militar243 para adaptalo ao novo marco Constitucional.
Enrique Fuentes Quintana desempeñou os cargos de Ministro de Economía e a Vicepresidencia Económica. El foi o inspirador dos Pactos da Moncloa e o iniciador da Reforma Fiscal mediante o Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas, IRPF.
A política de consenso practicada por Suárez chegou ao seu cénit cos acordos políticos e sociais recollidos nos Pactos da Moncloa, punto de referencia da nova democracia ata o día de hoxe. Estes pactos, asinados en outubro de 1977 polos representantes de todas as forzas
Este ministerio agrupaba as antigas carteiras de Terra, Aire e Mariña.
Mediante o novo código de xustiza militar e as Reais Ordenanzas e a Lei de Criterios Básicos daOrganización Militar.
políticas con representación parlamentaria, establecían mediante o consenso unha serie de acordos de índole política, social e económica.
As liñas básicas establecían o compromiso de aceptar a moderación salarial a cambio de iniciar a reforma fiscal, reducir a inflación e mellorar a balanza de pagamentos, verdadeiro cabalo de batalla da economía española.
Ademais, existían outros compromisos como a creación de novos postos escolares, aumentar as prestacións da Seguridade Social e o control do Gasto Público.
Os resultados foron positivos e case inmediatos. A inflación pasou dun 40% a un 16% e logrouse a normalidade sindical.
En política exterior Suárez reiniciou en 1979 as xestións para a entrada de España na CEE e intensificáronse as relacións diplomáticas cos países de Europa.
Entre as cuestións máis problemáticas do goberno de Suárez debemos citar o desenvolvemento do Estado das Autonomías, xa que a teima andaluza por acollerse ao artigo 151, previsto para as nacionalidades históricas, fixo que se tivese que modificar todo o mecanismo para acceder á autonomía e causaron un importante desgaste a Suárez.
As actuacións da banda terrorista ETA erosionaron tamén o goberno de Suárez, pero os principais problemas foron os de índole económica, xa que a priorización doutras medidas fixo que á altura de 1979 aínda non se tomasen as medidas necesarias para paliar a crise enerxética de 1973 e ata 1981 non se acometeu a tan necesaria reconversión industrial.

Ningún comentario:
Publicar un comentario